| Información científica: acceso, xestión, avaliación e publicación |
40 horas |
Obrigatorio |
Mecanismos para a busca e a divulgación científica dos resultados da investigación. |
| Xornada introdución ao programa de doutoramento en Investigación Sanitaria |
2 horas |
Obrigatorio |
Coñecemento do funcionamento do programa de doutoramento en investigación sanitaria. |
| Seminario de presentación de liñas de investigación |
4 horas |
Obrigatorio |
Coñecemento das diferentes liñas de traballo e as posibles temáticas de investigación. |
| Seminario de conferencias |
6 horas |
Obrigatorio |
O seminario de conferencias é unha actividade que se desenvolverá todos os cursos e estará constituido por distintas conferencias que se organizan no campus universitario. |
| Iniciación á investigación |
160 horas |
Obrigatorio |
O obxectivo desta actividade será que cada estudante deberá realizar unha das seguintes accións formativas:
- Presentación de comunicación en congreso da especialidade, supervisada e avalada polo seu director/a.
- Redacción e entrega para avaliación nunha publicación especializada dun artigo de investigación orixinal, supervisada e avalada polo seu director/a.
- Estadía de investigación dun prazo mínimo de 1 mes, nun centro especializado, con memoria de resultados, supervisada e avalada polo seu director/a e a persoa responsable no centro de acollida.
|